Xa son cinco os comendadores desvelados polo alcalde de Lalín, José Crespo.

Yosi,  o carismático líder do grupo Los Suaves, é ata o de agora a última incorporación ao elenco de Comendadores do Cocido 2020.

Únese así a Benedicta Sánchez, actriz galega revelación dos Premios Goya, José Luis Mártínez-Almeida, alcalde de Madrid, o catedrático de nutrición Gregorio Varela e a propia pregoeira da 52 Feira do Cocido, Sonsoles Ónega, que tamén pasará a formar parte da Encomenda.