O Cocido do Orgullo terá lugar finalmente o primeiro sábado do mes de marzo, día 5, no canto do 13 de febreiro tal e como estaba previsto nun inicio. Con esta modificación no calendario o Concello atende unha das reivindicación do sector da hostalería e a restauración do municipio, cuxos membros apostan por distribuír os actos en diferentes fins de semana para prolongar o tirón da Feira do Cocido durante máis tempo.

O Cocido do Orgullo que se está a organizar en colaboración con diferentes asociacións de toda Galicia é outra das iniciativas novidosas que vai incluír este ano a programación da  Feira do Cocido. O seu obxectivo pasa por ser una xornada de reivindicación e visibilización do colectivo LGTB, ao tempo que se afonda no propio carácter lúdico e gastronómico da Feira do Cocido de Lalín.