Dúas figuras da vida social e cultural de Lalín completarán a Encomenda do Cocido 2020.

A xornalista Amelia Ferreiroa será nomeada comendadora pola súa labor á fronte dos micrófonos de radio durante tres décadas, informando da actualidade e defendendo os intereses do Deza e do municipio lalinense, contribuíndo a difundir o Cocido de Lalín.

De Daniel González Alén, cronista oficial e memoria viva de Lalín, cabe destacar o seu incansable traballo de investigación, catalogación e difusión do patrimonio e cultura de Lalín en Comarca do Deza. O seu pai, que se recorda como o Tío Xanete, xa fora distinguido na primeira edición da Encomenda.

Van ser investidos comendadores o domingo 16 de febreiro no concello, xunto a Benedicta Sánchez, Martínez-Almeida, Gregorio Varela, Yosi (líder dos Suaves) e a propia pregoeira da 52 Feira do Cocido Sonsoles Ónega.