O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, e a representante do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, Lara da Silva Rodríguez, asinaron esta semana no despacho da alcaldía o convenio que establece a colaboración empresarial desta entidade para a celebración da 50 Feira do Cocido. A través deste documento, un ano máis, o viño de Monterrei volve vincular de manera oficial o seu nome á Feira do Cocido, para o que compromete a súa colaboración nun evento que este ano cumpre o seu medio século de vida e que terá o seu día grande o vindeiro 4 de febreiro. Por medio deste convenio preténdese fomentar a expansión dos recursos de financiamento da cultura coas novas fórmulas de colaboración tendo en conta que a Feira do Cocido constitúe un evento determinante para o desenvolvemento económico e social do Concello de Lalín.

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, agradeceu a prolongada implicación que Monterrei está a ter coa celebración da Feira do Cocido. Ao mesmo tempo o rexedor salientou a dispoñibilidade de Monterrei a colaborar cunha celebración que transcende o meramente gastronómico para seconverter nun fenómeno social, cultural e económico de primeira magnitude, o que a bo seguro tamén vai aportar enormes beneficios para os seus patrocinadores.