Os famosos irmáns Marc e Álex Márquez presentan nun vídeo para todos os afeccionados ás motos o MOTOCOCIDO de Lalín, o días 6-7-8 de marzo. E anuncian sorpresas.
Motos, música, espectáculo e gastronomía animarán as rúas da vila durante eses tres días.
Á organización, a cargo do Moto Club Kilómetro e do Concello de Lalín, xunto coa colaboración de Estrella Galicia 0’0, aspira a chegar a medio millar de inscritos e atraer a miles de visitantes a Lalín.
Información e inscricións no teléfono 664 650 669